Cambiar a Castellano    Cambiar a Galego
Acceso Asociados

Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor - Novas - Todas

Xa somos 284 socios. ¿ Quere Unirse á Asociación ?

Hoxe é Luns, 18 de Decembro de 2017
Publicada na categoría Ofertas o Luns, 30 de Novembro de 2009 - 61 Comentarios

A Asociación conta cunha bolsa de emprego formada por un gran número de curriculums, que se encontran a  disposición dos nosos socios, para cubrir posibles vacantes nas súas empresas.

Publicada na categoría Otras o Luns, 30 de Novembro de 2009 - 0 Comentarios

Con motivo das actuais obrigas que temos as empresas para adaptar a nosa información á lexislación vixente en materia de protección de datos, Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, o Real Decreto 1720/2007, e a Lei 34/2002, en materia de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, foinos concedida unha subvención a través do IGAPE, grazas á que, subvenciónase aos asociados o 40% dos custos da devandita adaptación. A esta subvención acolléronse 29 empresas asociadas cun gasto total de 26.693,00€

Publicada na categoría Otras o Luns, 30 de Novembro de 2009 - 1 Comentarios

 Ao longo do ano esta Asociación reuniuse repetidas veces cos tres Concellos na que se trataron os seguintes temas: presentación da nova Xunta Directiva trasladando as nosas inquietudes e esperanzas sobre o intrusismo, problemas do comercio, punto limpo, solicitando a axilización dos plans urbanísticos, obras do Plan E, o Outono Gastronómico, o Polígono Industrial Porto do Molle e a posibilidade de ter un representante desta Asociación na Mancomunidade do Val Miñor.

Publicada na categoría Otras o Luns, 30 de Novembro de 2009 - 0 Comentarios

O pasado 28 de xullo asistiron o Presidente e a Vicepresidenta 1ª desta Asociación á presentación do Plan Director polo Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, na cal explicou a inmediata liña de plans de avais para os comerciantes galegos que se concederán a través do IGAPE.

Publicada na categoría Otras o Luns, 30 de Novembro de 2009 - 0 Comentarios

O 05 de decembro reuníronse o Presidente e varios membros da Xunta Directiva coa Deputada Sra. Nava Castro acompañada do Sr. Valverde, voceiro do PP en Nigrán, a petición deles.

Tratáronse diversos temas sobre as necesidades da zona. Centrándose a conversación no Parque Empresarial Porto do Molle.

A Sra. Nava Castro comprometeuse, xunto cos outros dous Deputados o Sr. Guerra e a Sra. Ana Pastor a levar ao Parlamento as nosas inquietudes e proxectos para o Val Miñor.

Páginas:    1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36