Cambiar a Castellano    Cambiar a Galego
Acceso Asociados

Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor - Fondos públicos - ASOCIATE AS TIC'S

Xa somos 284 socios. ¿ Quere Unirse á Asociación ?

Hoxe é Luns, 18 de Decembro de 2017

Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor - Fondos públicos - ASOCIATE AS TIC'S

 

ASOCIATE AS TIC'S

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor pon en marcha o proxecto: ASOCIATE AS TIC'S ó abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2011 da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pola que se establecen as base s reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)no marco do Programa Operativo FEDER 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A ); DOG nº 64, do 31 de marzo de 2011.

Asignado co número de expediente: PR521A - 2011 - 16187 foi concedida en data 26 de outubro do 2011, publícase no Diario Oficial de Galicia número 205, a Resolución do 02 de setembro de 2011, da Subdirección Xeral do Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación de subvencións concedidas o amparo da Resolución do 02 de setembro de 2011 referente as entidades sen ánimo de lucro para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)no marco do Programa Operativo FEDER 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A ).

Financiamento e concorrencia.

Para a concesión das axudas, propias das actuacións que se convocan e que terán a modalidade de subvención, destinarase o crédito correspondente á seguinte aplicación presupostaria:

AplicaciónDenominación2011 (euros)
04.70.571A.781.0Achegas a institucións sen ánimo de lucro para proxectos da sociedade da informaciónFeder 1.13.11.000.000 €

Este crédito está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1 Desenvolvemento da Economía do Coñecemento (I+D+i, sociedade da información e TIC), tema prioritario 13 servizos e aplicacións para o cidadán, actuación 1.13.1.

O presuposto da actuación foi de oito mil novecentos euros (8.900,00 ) e concedeuse unha axuda do 85%, en resume, unha subvención de sete mil cincocentos sesenta e cinco Euros (7.565,00 ).

A axuda foi cofinanciada con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013.

O aproveitamento das Novas Tecnoloxías, o coñecemento de novas ferramentas de xestión e a reciclaxe dos recursos humanos dos nosos asociados, conforman o eixo central do noso proxecto ASOCIATE AS TIC'S.

O Obxectivo principal é formar aos traballadores das pemes, nas novas tecnoloxías, en unha dobre vertente: por unha banda para que éstes adquiran novos coñecementos e por outra para reciclar coñecementos que xa tiñan. O que se pretende coas accións formativas desenvolvidas é intentar que os participantes sexan capaces de sacar a máxima potencialidade das ferramentas que nos ofrecen hoxe en día as novas tecnoloxías. Desta forma, cun persoal formado, as empresas serán máis produtivas e competitivas, aspectos moi importante nestes momentos de crise económica.

As actividades formativas organizadas son as seguintes:

  1. A Firma Dixital (4h)
  2. E-marketing (4h)
  3. E-comercio (4h)
  4. Internet e Correo Electrónico para Todo@s (4h)
  5. Excel Avanzado (4h)
  6. Openoffice (4h)
  7. Draftsight (CAD 2D) (4h)
  8. Creación de páxinas web: Joomla (4h)

A continuación dispoñen dun enlace a memoria xustificativa do proxecto onde se recollen todas as actividades realizadas e as súas incidencias.

Memoria do proxecto ( Os contidos da memoria do proxecto no ano 2011 están suxeitos a unha licenza de Creative Commons. )

Proxecto cofinanciado

Xunta de Galicia - Secrearía Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional