Cambiar a Castellano    Cambiar a Galego
Acceso Asociados

Asociación de Empresarios do Val Miñor - A Asociación - Quenes somos

Xa somos 284 socios. ¿ Quere Unirse á Asociación ?

Hoxe é Luns, 18 de Decembro de 2017

PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Contido actualizado o Martes, 28 de Marzo de 2017

Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor dache a benvida ó seu sitio web, onde poderás atopar unha ampla información sobor das nosas actividades de promoción do comercio e da industria da Comarca do Val Miñor.

Entroutros moitos contidos, no sitio web da Asociación poderás informarte sobor das diferentes campañas de promoción das empresas, multitude de galerías de fotos, unha interesante axenda de eventos que se farán, interesantes novas sobor dos últimos acontecementos, un completo directorio de empresas da comarca...

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor ten como obxecto promocionar o comercio e a industria, de xeito cos nosos asociados atopen, na forza do grupo, os mecanismos e ferramentas necesarios para optimiza-los resultados das súas actividades empresariais.

As actividades que a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor leva a cabo teñen como obxectivo mellora-la imaxe, competitividade e servizos dos nosos asociados, así coma permitir unha xestión máis eficaz dos recursos que temos para que a oferta de productos e servizos que as empresas da comarca asociadas á nosa organización brindan ós seus clientes, sexa sempre o máis competitiva posible.

Podes descargar aquí os nosos estatutos.